Enquisa Mobilidade

Guitiriz acolle o sábado o I Slalom no circuíto do Campo da Feira

O Concello de Guitiriz acolle, o vindeiro 12 de setembro, o I Slalom no circuíto do Campo da Feira. A Escudería Scratch Fene é a encargada de organizar esta proba automobilística que será de carácter nacional e puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom.

Así, pola realización desta proba, estará prohibido estacionar dende o venres 11 de setembro ás 22 horas e ata o sábado 12 ás 22.30 horas en: praza Campo da Feira (entorno a Igrexa e a Praza), rúa Río Forxá, rúa As Costaneiras e rúa Candea.

Ademais, o tráfico permanecerá pechado o o sábado 12 dende ás 8 ás 22.30 horas nas rúas do Mercado, Deputación, avenida Poeta Díaz Castro (dende o cruce coa Rúa Xermade), praza Campo da Feira (entorno a Igrexa e a Praza), rúa Río Forxá, rúa As Costaneiras, rúa Candea e paseo dos Sete Muíños

A organización lembra que para presenciar o slalom, é obrigatorio apuntarse na app que a organización facilita, co obxectivo de controlar o aforo e a seguridade de todos os asistentes.

Para iso será necesario escanear o código QR que aparece no cartel e rexístrarse.

Etiquetas