Bonos consumo Vilalba

Pastoriza acolle a representación de Duncan de Palleiro

A casa da cultura da Pastoriza acollerá este sábado, 12 de setembro, ás 17.00 horas a representación da obra Duncan de Palleiro.

A obra estará ao cargo de Lila Teatro dentro do ciclo Cultura no Camiño e a entrada é gratuíta.

Para poder manter os protocolos de seguridade, a organización pide que se envíe por whatsApp ao 622 913 968 a reserva de praza indicando número de asistentes e nome dos mesmos, co obxectivo de controlar o aforo.

Etiquetas