Enquisa Mobilidade

O Concello vilalbés mellorará unha vía de unión de Corvelle a Samarugo

O Concello de Vilalba vén de comunicar que destinou 57.102, 34 euros ao acondicionamento dunha das vías locais que une as parroquias de Corvelle e Samarugo.

A mellora será na desemboca na LU- P-6505 e noutros dous viais en Corvelle. Estas actuacións teñen o prazo dun mes para a súa execución.

Dese orzamento, 36.716 euros serán para a limpeza das marxes da calzada e a aplicación de tratamentos bituminosos e pavimentación.

Outros 2.617 euros destinaranse ás melloras das drenaxes en dúas pistas, unha á altura de O Repoleiro e outra en Os Lameiros, na que se prevé unha escarificación da superficie afectada, a colocación de tubos de drenaxe e unha nova pavimentación e limpeza de marxes.

Por outra banda, o Concello adxudicou a empresa Calfensa a ampliación do parque infantil da Praza da Constitución por preto de 30.000 euros.

Tamén comunicaron que está certificada a obra do alumeado de Buxibán na parroquia de Codesido e proximamente comezarán os traballos nas luminarias de Coturiña na Insua.

Etiquetas