Bonos consumo Vilalba

A asociación Carballo Vivo de Friol organiza o Roteiro do Lobo

A asociación Carballo Vivo de Friol organiza para o sábado 12 de setembro o Roteiro do Lobo.

Esta andaina será polo monte veciñal en mán común de Carballo e a saída será ás 20.30 horas do centro social de Carballo en vehículos particulares ata o comezo da ruta no curro das bestas.

Aproximadamente serán 10 quilómetros repartidos en 3 horas.

Imprescindible anotarse para participar a través do correo carballovivo@gmail.com indicando o nome e apelidos e ateléfono de contacto.

Etiquetas