Enquisa Mobilidade

A Casa Habanera de Guitiriz organiza a actividade ‘Cóntoche un baile’

A Casa Habanera acollerá o próximo luns 14 de setembro a partir das 18.30 horas a actividade de dinamización Cóntoche un baile, levada a cabo pola artista Montse Rivera.  

Trátase dun obradoiro de baile enmarcado dentro da programación do proxecto ‘Ler conta moito’ da Rede de Bibliotecas Pública de Galicia.

Dunha maneira divertida achegarémonos á musica, bailes e xogos tradicionais das culturas galega e portuguesa. Buscando un antídoto contra o tedio que ás veces nos derrota, proporemos bailes e xogos que non han deixar indiferente ós participantes deste “movido” obradoiro.

Moi acaído para todo tipo de públicos é moi recomendable para familias, no que pequenos e maiores poidan gozar xuntos.

Os interesados e interesadas en participar deben chamar ao teléfono 982 370 062.

Etiquetas