Skip to main content
Actualidade

Comezan as obras de mellora do saneamento na rúa Antonio Machado das Pontes

Por 10 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes iniciou esta semana as obras de mellora dun tramo do saneamento da Rúa Antonio Machado, na súa marxe impar.

O proxecto, cun orzamento de 41.935 euros, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental (FCA 2020) permitirá a renovación da actual rede de saneamento, executada cunha tubaxe antiga de formigón que serve tanto para recoller augas fecais como pluviais, executándose unha rede con tubo de pvc.

Entre os traballos previstos tamén se contempla a conexión das acometidas existentes, os sumidoiros e as baixantes dos edificios á nova canalización e ademais executaranse pozos de rexistros de formigón, con cuberta de fundición axeitada para o tráfico pesado.

A rede proxectada tamén se conectará no final a un pozo existente na intersección coa rúa Rego do Campo. Ademáis, xunto coas obras de instalación da nova rede de saneamento, levaranse a cabo traballos de repavimentación nas zonas afectadas.

Desde o Concello de As Pontes pídese desculpas á veciñanza polas molestias que poidan ocasionar estes traballos e lembran que por mor do uso de maquinaria na calzada, no tramo das obras regularase o trafico nun solo carril por medio de semáforos.