Enquisa Mobilidade

O Concello de Castro de Rei entrega máscaras aos alumnos dos colexios

O Concello de Castro de Rei, está a facer entrega de máis de 300 máscaras para o alumnado dos Ceip Ramón Falcón de Castro de Rei e CEIP Veleiro Docampo de Castro R de Lea con motivo do inicio do curso.

O Concello entregou un neceser a cada alumno dos Centros Educativos, que contén 2 máscaras infantís, lavables e 5 máscaras desbotables, así como un bote con desinfectante para que o alumnado poida dispor de material de protección dentro do cumprimento dos protocolos educativos.

Igualmente o Concello está a dotar os centros educativos de desinfectantes e diverso material de protección como pantallas protectoras para o profesorado etc…

Etiquetas