Enquisa Mobilidade

Comeza a construción dunha cuneta de seguridade na AG-64 ao seu paso polas Pontes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar a execución dos traballos de construción dunha nova cuneta de seguridade na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), no treito comprendido entre os puntos quilométricos 35+300 e 36+700, ao seu paso polo concello das Pontes.

As obras, cun investimento autonómico de máis de 583.000 euros, contan cun prazo de execución duns seis meses.

A substitución da actual cuneta por unha nova ten por finalidade a seguridade viaria e, de forma significativa, a protección ambiental do entorno. En concreto, a intervención pretende minimizar os problemas actuais coas augas de escorrentía procedentes dos noiros e da mediana.

Ademais renovaranse as marcas viarias e repoñerase a sinalización vertical nos treitos nos que se vexan afectadas polas actuacións.

Etiquetas