Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Represéntase hoxe en Rábade ‘La Pimentera’

Por 12 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Rábade acolle representación teatral La Pimentera, que terá lugar o sábado 12 de setembro, ás 19.00 horas, no centro sociocultural da localidade.

Con esta obra preténdese, dende a comedia, poñer en relevancia un problema aberto nas zonas rurais nas que se invisibiliza o traballo das mulleres dos pobos, que sendo inmenso, ten un recoñecemento mínimo.

Este espectáculo, enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, dá a oportunidade ás persoas espectadoras de participar na escena e invita ao debate e á reflexión sobre os distintos puntos de vista da perspectiva de xénero.

A asistencia será gratuíta. Abriranse as portas media hora antes do inicio da actuación.

A obra forma parte do programa Rábade en Igualdade, que se desenvolverá os próximos meses.