Skip to main content
Actualidade

Comeza a funcionar en horario de mañá o servizo de atención temperá de Outeiro e Castro

Por 13 Setembro, 2020Sin comentarios

A agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei obtivo unha subvención da Consellería de Política Social para a posta en marcha do servizo de atención temperá nestes concellos, servizo que empezou a funcionar o 1 de agosto.

Na actualidade conta cun equipo de tres profesionais: unha logopeda, unha terapeuta ocupacional e unha psicóloga que prestan servizo na casa da cultura de Outeiro de Rei. O horario de atención ao público é de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h.

Trátase dun servizo gratuíto da agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei, cofinanciado pola Unión Europea: Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.