Enquisa Mobilidade

Manuel Trevín vence no I Slalom Concello de Guitiriz

Manuel Trevín, piloto del Scratch Fene, cun tempo de 1:41:378, convertiuse no gañador do I Slalom Concello de Guitiriz que tivo lugar este sábado no termo municipal e no que participaron 29 equipos. O tamén subcampión galego quedou por diante de Daniel Lamas, compañeiro de equipo, cun tempo de 1:42:185 e Diego González, que parou o cronómetro en 1:43:703.

A sesión deportiva, que se celebrou con todas as medidas de seguridade para evitar aglomeracións, concluiu coa entrega de trofeos a cargo da alcaldesa, Marisol Morandeira, e a primeira tenente de alcaldesa, Paula Campo.

Etiquetas