Enquisa Mobilidade

Suspenden a edición deste ano no Trail das Bestas de Muras

A organización do popular Trail das Bestas de Muras, decidiu finalmente suspender a edición deste ano  para evitar riscos sanitarias. Esta cita, que tradicionalmente se celebraba en novembro, foi convocada para xullo pero debido á situación aprazouse de novo ata novembro e finalmente decidiron suspendelo “por seguridade sanitaria” e debido aos continuos contaxios que se están a producir.

“É triste ter que suspender o noso trail, pero temos que pensar en que o mellor agora é coidarse e intentar expoñernos o menos posible. Ogallá no 2021 podamos volver a correr e camiñar polos montes da Serra do Xistral”, explican

Etiquetas