Skip to main content
Actualidade

A directiva do IES Terra Chá presenta a súa dimisión

Por 14 Setembro, 2020Sin comentarios

O equipo directivo do IES da Terra Chá de Castro Ribeiras de Lea, que preside Noelia Blanco García, presentou oficialmente a súa dimisión “como repulsa polo abandono da administración educativa a estas alturas do ano”.

Segundo explican, “a poucos días do comezo do curso non sabemos con canto profesorado podemos contar, con 2 profesores poderíamos dar inicio pero non obtemos resposta da administración educativa. Durante todo o verán preparamos as aulas e espazos do centro para cumplir co primeiro protocolo. Traballo perdido coa publicación do Protocolo definitivo do 31 de agosto que nos obriga a facer obras en varias aulas e voltar a reorganizar todo de novo”.

Segundo engaden, “hai uns días, por medios non oficiais, enterámonos dun terceiro cambio no rumbo do inicio escolar e da organización dos espazos dos centros. Ante o abuso da administración consideramos que este acoso psicolóxico e abandono administrativo non se pode permitir.