Skip to main content
Actualidade

Pais do Veleiro Docampo maniféstanse para pedir o desdobramento da aula de 6º de primaria

Por 14 Setembro, 2020Sin comentarios

Pais do ceip Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de Lea iniciaron unha protesta ante a decisión da Xunta de Galicia de non desdoblar o curso de 6º de primaria, no que hai actualmente 25 rapaces.

Aínda que a ratio é a correcta consideran que debido aos tempos que vivimos deberían estar divididos en dúas aulas.

Para apoiar esta decisión os pais decidiron non enviar aos seus fillos ao colexio e xa non o fixeron tampouco o venres. Ademais, farán unha concentración hoxe ás 12.00 e ás 18.00 horas diante do colexio para reclamar que se desdobre.

Engaden os pais que nesa clase hai dous pequenos con patoloxías que os convirten en persoas de risco ante esta pandemia. Do mesmo xeito que moitos deles tamén conviven con avós na casa.

Esta reivindicación dos pais está apoiada polo Concello e tamén polo centro educativo.