Comezan as obras de reforma no parque infantil da praza da Constitución

O Concello de Vilalba informa á veciñanza de que hoxe comezarán as obras de renovación e ampliación do parque infantil ubicado na praza da Constitución.

Os traballos servirán para reformar o conxunto da área de xogos, que terá unha capacidade para 52 nenos e nenas de diferentes idades. O orzamento das obras supera os 42.000 euros e unha parte do investimento procederá da Xunta, correspondéndolle o resto ao concello.

Ademáis de novos xogos, se renovarán as escaleiras de acceso, o firme cun pavimento amortiguador e parte do vallado do parque, que terá todas as medidas de seguridade fixadas pola lexislación.

A zona terá bancos para o descanso e será un parque inclusivo, sen barreiras arquitectónicas e cunhas condicións inmellorables para o xogo e a interacción dos nenos e nenas.

“Continuamos co plan de renovación dos servizos públicos e as infraestruturas do concello, neste caso cunha reforma integral deste parque infantil”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas no Concello de Vilalba.

Etiquetas