María Solinha proxectarase en Vilalba finalmente o 16 de setembro

O mércores 16 de setembro, ás 21.00 horas, no campo da feira de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos e a Vicepresidencia-Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, e coa loxística da produtora do film, Vía Láctea, organiza a proxección da película María Solinha, do director Ignacio Vilar, proxección que tivo que ser suspendida en xullo pola pandemia.

Un afamado director chega a Cangas do Morrazo, en Galicia, para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.

Na sesión estará presente o director, Ignacio Vilar que fará a presentación da mesma. A película proxectarase ás 21.30 horas.

Etiquetas