A Ruleta do Comercio chega o venres a Vilalba

A Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba e a Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, pon en marcha na vila a campaña promocional Ruleta da Sorte.

Así, todos os clientes de Vilalba que merquen entre estes días nos establecementos asociados da vila poderán xirar a ruleta. Cada ticket de importe igual ou superior a 10 euros dá dereito a unha tirada.

A Ruleta instalarase o venres 18 de setembro, entre as 11.00 e as 14.30 horas, na Praza da Constitución, e dá opción a gañar agasallos para premiar a fidelidade dos clientes no comercio local.

A campaña Ruleta da Sorte busca dinamizar o comercio de proximidade da provincia de Lugo e incentivar o consumo. Con esta finalidade, contempla distintas actuacións en varias localidades lucenses.

Etiquetas