Skip to main content
AbadínActualidade

Compañías enerxéticas acondicionan a estrada da Corda en Abadín

Por 17 Setembro, 2020Sin comentarios

Un acordo entre o Concello e as compañías enerxéticas con responsabilidade no Concello, Norvento, Naturgy e Siemens Gamesa, permitiu a mellora da estrada LU- P-0103, coñecida como a da Corda, que une os municipios de Abadín e A Pastoriza.

Os traballos consistiron no arranxo do firme da vía en preto de catro quilómetros e medio, desde o cruzamento de Abeledo e Bozarrei ata a ponte da autovía en Fraiás. Estas obras leváronse a cabo unha vez que finalizou a construción dos parques eólicos de Neda e Pastoriza-Rodeiro, que causou múltiples estragos na calzada. Trátase dunha obra moi demandada xa que comunica varias parroquias e é o lugar onde ten lugar todos os anos o tradicional descenso de carrilanas.

O investimento ascende a 340.000 euros.

En paralelo, Norvento tamén acondicionou o cruce desta vía co acceso ao seu parque eólico de Neda.