O club de lectura da casa museo de Manuel María retoma a súa actividade

O Clube de Lectura da Casa-Museo Manuel María retoma este sábado a súa actividade, seguindo as indicacións correspondentes coa situación sanitaria actual, co comentario das obras propostas para o verán, “Todo canto fomos”, do morañés Xosé Monteagudo e “O hibisco púrpura”, da nixeriana Chimamanda Nogzi.

O Clube de Lectura comezou a súa andaina en abril de 2018, conformado por 15 persoas adultas, mantén regularmente, excepto durante o pasado confinamento, unha sesión presencial na biblioteca da Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei.

A Casa-Museo Manuel María anuncia que proximamente comezará un novo Clube de Lectura, neste caso dirixido para o público xuvenil.

Etiquetas