Bonos consumo Vilalba

Organizan nas Pontes unha sesión para dar a coñecer os morcegos

O colectivo Morcegos de Galicia organiza mañá, venres 18, unha xornada para dar a coñecer este tipo de animais que viven na Fraga das Pontes.

A sesión incluirá unha parte teórica dando a coñecer os costumes e tipo de morcegos e outra prañctica, con detectores de ultrasons para escoitalos.

A sesión dará comezo ás 20.00 horas coa sesión teórica e a partir das 20.45 será  práctica.

Os interesados en participar deberán anotarse no teléfono 670 514 888 ou no correo info@morcegosdegalicia.org xa que hai limitación de aforo a 10 persoas.

É obrigatorio o uso de máscara e roupa de abrigo xa que a sesión prolongarse unha hora e media.

Aínda que a sesión é apta para todos os públicos os menores deberán ir acompañados dun adulto.

Etiquetas