Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba repartiu máscaras para nenos en todos os colexios

Por 18 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba repartiu xa nos cinco centros educativos de Infantil e Primaria do municipio preto de 2.550 máscaras en 850 bolsas
de tela.

En concreto, cada alumno recibiu unha bolsiña de tela con tres máscaras cada unha de tres cores diferentes.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a concelleira de Educación, Antía Rama, fixeron a entrega en cada un dos centros.

As máscaras homologadas e de tela son reutilizables e resisten 20 lavados cada unha delas. Ían todas elas en bolsitas individuais con instrucións de uso e nunha bolsa de tela, xa que así o demandan os centros.

O grupo de goberno tomou esta decisión de repartir as máscaras como unha medida máis de axuda ás familias e tamén para reducir o risco de
contaxio por coronavirus.

“Dentro das nosas competencias, tomaremos todas as medidas posibles para que o curso comece nas mellores condicións posibles, axudando ás
familias e á comunidade educativa”, asegura a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro.