Skip to main content
Actualidade

As Pontes abre un novo prazo para solicitar as axudas á escolarización

Por 19 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes abre o prazo para a tramitación das solicitude da axuda ás familias para a escolarización dos seus fillos/as da convocatoria extraordinaria de setembro. O prazo para formalizar as solicitudes será do 21 ao 30 de setembro de 2020.

Esta convocatoria vai dirixida ás familias con fillos e/ou fillas empadroados/as no Concello de As Pontes, que por obrigación, tiveran que formalizar a matrícula no seu Centro, neste mes setembro.

Requisitos económicos: Que a renda de todos os membros computables da unidade familiar non supere os 20.500 € (Para a determinación da renda, procederase do seguinte xeito: nas Declaracións da renda de toda a unidade familiar do ano 2018; sumarase a base impoñible xeral máis a base impoñible de aforro e non poderá superar os 20.500€).

Para mais información e para a recollida de impresos, poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso). Teléfono información: 667129336.

Para a presentación de solicitudes e documentación, deben acudir ao rexistro municipal do Concello (debido ao protocolo do COVID-19 debe que ser con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389 ou 667129380).