O colexio de Friol estrea unha pequena pista de atletismo para xogar

O colexio de Friol estreou este curso unhas pequenas pistas de atletismo nas que os pequenos poden xogar durante os tempos de descanso.

Esta iniativa partiu dos pais e foi o Concello o que de seguido se puxo mans á obra para o seu pintado. Estas estiveron xa listas ao comezo do curso escolar.

Sen dúbida unha motivación máis para os pequenos deste municipio que conta xa cun club de atletismo relevante e que ven colleitando moitos éxitos nos últimos anos.

Etiquetas