Skip to main content
AbadínActualidade

A CHMS retirará unha pasarela a acondionará o río Anllo en Abadín

Por 21 Setembro, 2020Sin comentarios

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil vai levar a cabo obras para mellorar a capacidade hidráulica do río Anllo e de mellora da súa contorna. Estes traballos fundaméntanse polo estado de desuso no que se atopa a antiga pasarela, que forma un obstáculo transversar ao fluxo de caudais ao mesmo tempo que cambia a hidromorfoloxía natural do cauce.

A CHMS realizará estes traballos a partir do 5 de outubro cun tempo de execución previsto de seis días laborables e un orzamento que algo máis de 10.500 euros.

Na zona xa se fixo unha primeira intervención nos meses de maio e xullo que consitiron na retirada de madera morta, árbores secos e fixeron destroces selectivos, ademais da retirada dunha lousa de formigón da pasarela que caera no río.

A actuación que agora se realizará consiste na retirada íntegra da pasarela (elementos artificiais: formigón madeira e cachotería) que actualmente deixou de ser funcional e con iso mellorar considerablemente a continuidade fluvial e ao mesmo tempo a capacidade de desagüe do Río Anllo nese punto, evitando a aparición de tapóns de madeira que se forman neste punto.

Previo ao comezo das actuacións, instalaranse as barreiras anti-turbidez con balas de palla e geotextil fixadas ao terreo para conter na medida do posible o aumento de turbidez xerado polos movementos de terras nos labores de naturalización de noiros. Ademais, colocaranse barreiras de flotantes no caso de ter que traballar puntualmente con retrocargo no leito como medida preventiva para conter as posibles fugas de aceites e hidrocarburos.