A Ruleta do Comercio de Lugo estará mañá en Rábade

A Ruleta da Federación de Comercio de Lugo chega mañá, martes, a Rábade. Esta estará a partir das 11.00 horas, na avenida da Coruña (á altura do Campo da Feira).

A iniciativa desenrolarase entre as 11.00 e as 14.30 horas e repartirá máis de 200 agasallos entre os clientes que presenten un ticket de compra dos establecementos asociados de Rábade, que realizaran unha ou varias compras entre o 15 e o 22 de setembro, por importe mínimo de 10 euros. Cada persoa pode tirar ata un total de 3 veces.

A Ruleta está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia -Dirección Xeral de Comercio, Novogal e a Asociación de Comerciantes de Rábade.

O arranque da ruleta contará coa presencia do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; a presidenta da Asociación de Comerciantes de Rábade, Dolores Lage; e o alcalde da vila, Francisco Xosé Fernández Montes.

Etiquetas