As Pontes participa na asamblea de municipios con centrais de ciclo combinado

A concelleira de Industria, Ana Pena, participou na asemblea do grupo de municipios españois con centrais de ciclo combinado, organizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)

Este encontro, que se celebrou de forma telemática, tiña como obxectivo poñer en común as xestións e avances realizados desde a última asemblea así como debater o programa de actuacións que levará a cabo ata finais de 2021.

Entre todas as cuestións abordadas, destacou a necesidade de revisar o sistema de tributación actual das planta de ciclo combinado co obxectivo de tentar aumentar a súa achega directa ás arcas municipais.

Ademais, o encontro serviu para profundar na análise do impacto económico, urbanístico, ambiental e sociocultural derivado da implantación destas instalacións nos diferentes termos municipais así como na procura de estratexias de futuro comúns.

Etiquetas