Skip to main content
ActualidadeCastro de Rei TERRACHÁXA

Dobre actuación de Rilo & Penadique en Castro o 10 de outubro

Por 22 Setembro, 2020Sin comentarios

O programa Cultura Activa preparou unha dobre actuación en Castro de Rei para o día 10 de outubro.

Será o grupo Rilo & Penadique os que actuarán ese día en dúas sesións consecutivas. Ás 16.30 horas estarán no centro sociocultural Xosé Manuel Carballo e ás 19.00 serán na casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea.

A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

Rilo & Penadique é unha compañía de recente creación que une os talentos de Vero Rilo e Sonsoles Penadique para a narración e a música.