Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Abre o prazo para un novo taller de memoria en Guitiriz

Por 23 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz vén de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do taller de memoria e estimulación cognitiva. Os interesados poderán anotarse ata o 7 de outubro.

Habilitaranse tres grupos; dous en Guitiriz, onde as clases serán os martes ás 12.15 horas e os venres ás 11.00 horas; e en Parga, os xoves ás 11.00 horas. No primeira estarán na aula Cemit e na segunda localidade na escola de nenas.

Esta é unha actividade gratuíta e está dirixida ás persoas maiores de 50 anos. Existirá a opción de traballo a distancia con recollidas semanais de material no Concello.

Para formalizar a inscripción ou recibir información poden chamar ao 982 370 109.