Xermade acolle o venres un contacontos galego-inglés

A biblioteca de Xermade acollerá o 25 de setembro un contacontos galego-inglés dirixido a nenos de máis de tres anos dentro do Programa Ler Conta Moito. Baixo o título xenérico de Picnic, os nenos aprenderán inglés coa interpretación de Victoria Pérez e Manu Fernández.

É un divertido espectáculo de narración oral e títeres sobre a empatía, a solidariedade e o amor.

A tortoise, un can, two monsters e un picnic. Será un Picnic sen merenda, dous monstros que non se entenden, un can que ten de todo e unha tartaruga que non pode durmir…

O aforo é limitado polo que é preciso inscribirse no teléfono 982 50 10 55 ou no enderezo electrónico: xermade.rbgalicia@eidolocal.es.

Se a climatoloxía o permite tentará realizar a actividade ao aire libre.

Etiquetas