Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Concello da Pastoriza rehabilita cinco vivendas máis para destinalas a alugueiro

Por 24 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello da Pastoriza rehabilitará cinco novas vivedas para destinar a alugueiro nas antigas escolas unitarias de Bretoña, Crecente e Álvare. Serán dúas vivendas por escola, agás en Bretoña, que se fará xa que a outra xa foi rehabilitada.

Para a realización da obra, o Concello conta cunha subvención do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de 185.850 euros, que supón o 80% do orzamento total da obra, xa que o Goberno local porá  os outros 46.000 euros.

O obxetivo destas obras é a reparación das vivendas para adecuar a parte interior co fin de ofrecelas en réxime en alugueiro a veciños e familias que veñen ao Concello, xa que “temos demanda de vivienda en alugueiro”, indica a concelleira nacionalista Elva Carrera. “Trátase dunha iniciativa fundamental para asentar poboación e ofrecer vivenda de calidade que cumpra con requisitos, en especial para aquelas persoas que veñan a traballar ás explotacións ou parellas mozas que queren independizase e debido á escaseza de vivendas de alugueiro teñen que marchar do Concello”, engade.

Os traballos que se desenvolverán nas cinco casas consistirán na demolición interior, xa que todas elas van ser redistribuidas para mellor aproveitamento dos espazos; renovación de instalacións eléctricas e de saneamento, illamento das fachadas mediante trasdosados e tabiquería, renovación de carpintería interior, alicatado con plaqueta de gres en zonas húmidas e tarima no resto para rematar co traballo de pintado.

Na escola de Bretoña, ademais, pintarase a fachada exterior.

Estas obras están en proceso de licitación, que se fará en bloques, e o obxectivo é rematalas antes de que finalice o ano.

A primeira escola, xa reahabilitada foi con cargo ao Plan Único da Deputación.