Skip to main content
ActualidadeVilalba

Comezo das obras de renovación da estrada LU-120 en Goiriz

Por 25 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba informa á veciñanza do comezo das obras de acondicionamento, pavimentación e sinalización do vial municipal que atravesa a parroquia de Goiriz de norte a sur ata rematar na estrada autonómica LU-120.

Trátase dun vial moi utilizado a diario por veciños e veciñas de varios núcleos de poboación de ambas parroquias.

As numerosas explotacións gandeiras e agrícolas da zona, xunto co paso de vehículos de transporte destinados á explotación madereira dos terreos, provocan que este vial soporte unha densidade de tráfico lixeiro e pesado moi intensa, provocando un forte desgaste no pavimento actual.

O orzamento ronda os 48.000 euros e o prazo de execución dos traballos será dun mes. “Damos resposta á demanda veciñal, falamos dunha actuación moi necesaria polo estado do pavimento nun vial con moita circulación”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas do Concello de Vilalba.

Procederase á retirada da terra vexetal acumulada en beiravías e noiros, en ambas beiras da estrada, para extender posteriormente unha nova capa de rodadura cun espesor medio de cinco centímetros.

Finalmente, colocaranse sinais de Stop para regular o paso de vehículos e pintaránse marcas de viais lonxitudinais continuas nos bordes da calzada, liñas de detención e inscricións de Stop.