Bonos consumo Vilalba

O Vilalbés mídese ao Depor este sábado nun duelo amistoso

O estadio da Magdalena acollerá mañá, sábado, o partido amistoso entre o equipo local, o Rácing Club Vilalbés e o RC Deportivo da Coruña.

O encontro terá lugar ás 11.30 horas e servirá de toma de contacto tralo parón que deu comezo en marzo.

Para respectar a situación sanitaria actual, haberá aforo limitado respectando a orde de chegada e será obrigatorio uso de máscaras. Ademais, a organización asegura que non se permitirá o acceso a persoas con temperatura corporal maior de 37,5º e haberá que permanecer sentados durante todo o encontro.

Etiquetas