Skip to main content
Actualidade

O FSF Castro retoma os adestramentos co equipo ao completo

Por 26 Setembro, 2020Sin comentarios

O FSF volveu aos adestramentos tralo parón obrigado de varios meses debido á pandemia de covid-19. Durante os meses de verán, o club preparou as súas filas con moitos cambios.

O primeiro foi a baixa do seu adestrador de Segunda División Feminina, Martínez, que levou o equipo ao ascenso hai dúas tempadas e o deixou situado en quinta posición antes do parón, ademais do título de campioas da Copa Deputación.

Contra esta baixa ascende incorporan a Manuel Lombardía, Manu, que pasará a ser o adestrador en Segunda División. Tras moitos anos dedicados ao fútbol sala como xogador pasou a ser adestrador de equipos como o Prone Lugo e Valdetires Ferrol, donde acadou numerosos logros con ambos equipos. Ademáis diso, foi adestrador da selección lucense e galega en repetidas ocasións acadando títulos tanto a nivel autonómico como nacional.

Xavi renova tamén como adestrador dos equipos base e Primeira Galicia, o mesmo que Xosé Varela seguirá como delegado. Niky seguirá como preparador físico e Sergio Veiga incorpórase ao corpo técnico xunto a Xavi. Ángel do Centro de Fisioterapia En Boas Mans chega ao Bloques Cando FSF Castro para ciudar dos e das xogadores. David continuará a ser o adestrador de porteiras do Bloques Cando FSF Castro.

Con respecto aos equipos, en Segunda División renovan Lara, Saínza, Vero, Area, Andrea Pasto, Ana López, Uxía Díaz, Sandriña,

Tamén confirmaron a continuación de Cortón, Noelia, Eva, Uxía Fonsa, Rosalía Rosi, Jenny, Noa, Irene, Lu e Ce. En categorías inferiores renovaron tamén Carla, Paula, Karem, Antía, Aurora, Uxía, Selene, Marta, Ainara, Zoe, Mencía, Mara, Aroa e Iria.

Entre as fichaxes destaca a incorporación de Aroa, irmá de Adrián Pirata, Nerea Lombardero, Ana Pérez, Zaida, Noe Pires, Antía,