Skip to main content
AbadínActualidade

O Abadinense reclama axuda de todas as institucións para solucionar o problema do campo de fútbol

Por 27 Setembro, 2020Sin comentarios

O ADC Abadinense, equipo de veteranos da localidad, volveu reclamar ao Concello o  arranxo do campo de fútbol “xa que seguimos dende fai 4 anos privados de xogar no noso campo de fútbol”.

Os xogadores aseguran que non chegaron a ningún acordo co alcalde nas negociacións que retomaron este verán e nas que solicitaban o uso do campo “catro horas ao mes para disputar os partidos como locais”.

O club acusa ao alcalde e aos seus concelleiros de partido de non querer chegar a un acordo.”Moi recentemente, o club chegou a un acordo coa Deputación de Lugo para o arranxo do campo municipal de Abadín (poñendo céspede artificial), cun capital de máis de 200.000 euros, o que evitaría problemas e axudaría a que poideran xogar os 3 equipos do Concello. Este acordo foi refrendado tamen no pleno do concello por tódolos concelleiros, pero é curioso que a documentación para a dita subvención fora entregada fóra de prazo en Lugo, cando menos, curioso”.

Os membros da directiva, que acusan ao alcalde “de convertir Abadín nunha dictadura totalitaria”, piden axuda para solventar esta situación á Diputación, á Xunta, á Federación Galega de Futbol, así como a todos os veciños e membros da corporación municipal.
“É un atropelo en toda regla dos nosos dereitos, como Club do Concello, como cidadáns que pagamos os nosos impostos, creemos que pode ser un caso único en Galicia”, subliñan.