Skip to main content
Actualidade

O Concello das Pontes presenta alegacións ao plan para desmantelar Endesa

Por 27 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes presentou alegacións ao proxecto de avaliación ambiental para o desmantelamento da central térmica das Pontes presentado por Endesa ao Ministerio de Transición Ecolóxica.

O documento remitido pola entidade local, elaborado por técnicos municipais e expertos externos, recolle todos aqueles aspectos do proxecto cos que difire o Concello das Pontes e esixe que a avaliación ambiental do pland de desmantelamento da central térmica sexa autorizado a través dun procemento simplificado.

Nese sentido, Ana Pena, responsable de Industria sinala que “o plan presentado por Endesa desvirtua e alixeira o impacto que o peche da central térmica ten sobre o noso municipio e a comarca. Falamos dunha central que supera os 300 megawatios, que ten un impacto non só laboral senón económico que se pode cifrar entre 1.000 e 1.400 postos de traballo directos e indirectos, que se cifra en case 7 millóns de euros de recadación nas arcas municipais, e que pode rondar algo máis de 25 millóns de xeración de economía anual para As Pontes e o entrono e Endesa non presenta datos que cuantifiquen as consecuencias do plan de desmantelamento que presente”.

Por outra banda, o informe recolle todas aquelas circunstacias que desde o Concello consideran que xustifican que se teña que seguir un procedemento ordinario e non simplificado que garanta, “ en primeiro lugar un seguimento exhaustivo do proxecto de desmantelamento da central térmica e, sobre todo que garanta e propoña alternativas para a socioeconomía da zona, unhas alternativas que no plan que presenta Endesa non se expoñen e que nós si expoñemos no noso informe e que pasarían por non desmantelar o total da central térmica e incluir a xeración de enerxía eléctrica con biomasa.

Outra das cuestións que pon de manifesto o informe de alegacións presentado polo Concello son ás relativas ás afeccións que o plan pode ter sobre o patrimonio cultural do municipio.

“Endesa manifesta que non vai a ser afectado o cal no é certo, xa que distintas zonas, como os elementos do patrimonio cultural que alí se atopan, tales como A Vilabella e a súa igrexia ou a mámoa da Mourela, teñen unha proximidade que as fai susceptibles de verse afectados por este proxecto de demolición” remarca Ana Pena

Así mesmo, Endesa omite as afeccións sobre a rendatura e a proximidade do Río Eume que debido a súa proximidade faino susceptible de poder verse perxudicado pola demolición da central térmica.