Taboada y Ramos S.L.

O Concello de Vilalba prepara a saída a contratación do novo contrato de limpeza e recollida de lixo

O Concello de Vilalba publicará a curto prazo os pregos do novo contrato municipal de limpeza viaria e recollida de lixo, que incluirá importantes melloras no servizo.

O contrato recollerá a obrigatoriedade por parte da empresa de adquirir nova maquinaria e aumentar a plantilla, garantindo os postos de traballo actuais.

Os pregos técnicos da nova licitación están listos desde hai dous meses, e de feito o grupo de goberno anunciouno nun pleno municipal e ningúen pasou a consultalas. As cláusulas administrativas xa están case rematadas.

Mentres se resolve o novo contrato, o servizo vaise continuar prestando con absoluta normalidade. O grupo de goberno leva meses traballando na nova licitación, estuduando e concretando melloras para os veciños e veciñas.

Consciente da evolución do sector, o Concello de Vilalba traballa sobre un modelo cimentado na calidade, as novas tecnoloxías e un mellor servizo. Como novidade, o futuro contrato incorporará un sistema de control continuo de calidade que orbita sobre tres indicadores básicos: a calidade percibida, un indicador de satisfacción da cidadanía; un índice de calidade obxectivo do traballo, e un plan de servizos, é dicir, o compromiso do adxudicatario da posta a disposición dos medios humanos e materiais da súa oferta.

Respecto das novas tecnoloxías, o novo servizo terá un sistema de xestión informática para o control e seguimiento da frota de vehículos e maquinaria, a optimización das rutas ou a xestión das vías de comunicación de avisos o incidencias.

Os colectores terán en cada unha das súas fraccións sensores que permitirán coñecer todas as incidencias, incluído o grado de enchido para desta forma optimizar e mellorar as rutas de recollida.

O prego incluirá tamén un incremento da frecuencia de recollida no rural e, adcionalmente, a adaptación das prestacións no caso de repetirse situacións de confinamento como as pasadas derivadas da Covid-19.

Continuando cos servizos e prestacións, se mellorarán as recollidas especiais: voluminosos e aparatos eléctricos, animales mortos, pilas, e a recollida en mercados e mercadillos. A empresa encargarase ademais da reposición inicial de colectores, lavado dos mesmos, conservación e substitución.

Respecto da limpieza viaria, o prego determina os tratamientos ordinarios, barrido manual, barrido mecánico, baldeo mixto e mecánico, etcétera, así como as tareas atípicas. O concello estableceu unha zonificación y asignáronse frecuencias mínimas a cada zona. Por primeira vez, contémplase a limpeza da praia fluvial da Magdalena, así como un servizo de limpieza nas parroquias.

O Concello de Villaba mellorá tamén o servizo do punto limpo, coa posibilidade de contar cun punto limpo móbil que se desprace por todo o municipio para a recollida de determinados residuos.

Etiquetas