Skip to main content
ActualidadeBegonte

Retrasan o inicio das actividades socioculturais en Begonte

Por 28 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Begonte comunicou aos seus veciños que as actividades socioculturais e deportivas previstas para o curso 2020/2021 retrasan o seu inicio “para levarse a cabo coas máximas condicións de seguridade, que esixen a adaptación de espazos e dotación de medios nos nosos locais municipais”.

O obxectivo destas actividades, que organiza o propio Concello, e que podan celebrarse o antes posible polo que comunicaron que se inciiarán “sempre e cando a evolución da pandemia o permita”.

O Concello conta normalmente con actividades como fútbol, patinaxe e tenis para os máis pequenos mentres que os maiores disponñen de informática, pintura, ximnasia ou memoria.