Skip to main content
ActualidadeMuras

Celebran esta fin de semana un curso de orientador en Muras

Por 30 Setembro, 2020Sin comentarios

A escola do Viveiró acollerá un curso de iniciación á orientación de montaña e deportiva que se desenvolverá os días 3 e 4 de outubro. A formación contará dunha parte  teórica, que se desenvolverá nesta escola e doutra práctica que se fará na contorna natural.

O curso será gratuíto e haberá un total de  14 prazas, das que 7 están reservadas para os veciños de Muras.

Aprender a moversena montaña coa axuda dos mapas e do compás é o obxectivo deste curso que estará ao cargo de Marmar Outdoor, quen tamén subministrará o material necesario, mapas, brúxulas e temario.

O primeiro día haberá clases teóricas de 10.00 a 13.30 con pausa para o café, e o domingo será o día no que se fará a práctica, a partir das 11.00 horas.

Os interesados en anotarse poden facelo no mail info@marmaroutdoor.es.