Bonos consumo Vilalba

O Rallye San Froilán pasará por Outeiro de Rei e Friol

A Escudería Miño – Lugo organiza o 42º Rallye San Froilán que se desenvolverá a fin de semana do 16 e 17 de outubro.

A organización do rally xa avanzou que haberá tres tramos, dous deles na Terra Chá, xa que volven a pasar por Outeiro de Rei e por Friol, ademais do Corgo.

O rallye contará co parque pechado do aparcadoiro auditorio Gustavo Freire e o parque de asistencia do polígono industrial de Outeiro de Rei.

Na xornada do venres 25 levaranse a cabo desde as 16.00 horas as correspondentes verificaciones técnicas e administrativas en Lugo.

O sábado 26, disputaranse todas as probas do rallye que comezará ás 8.00 horas dende Outeiro de Rei. Ás 23.30 horas publicaranse os gañadores.

Este ano, haberá varias novidades con motivo da incidencia do covid-19.

Etiquetas