Skip to main content
Actualidade

Seitura22 pide a Patrimonio que catalogue elementos do Camiño dos Arreiros nas Pontes

Por 30 Setembro, 2020Outubro 1st, 2020Sin comentarios

A Asociación Seitura22 vén de presentar ante a Dirección Xeral de Patrimonio a solicitude do inicio dos procedementos necesarios para a inclusión de 15 elementos patrimoniais non catalogados no inventario de bens culturais da Xunta de Galicia correspondente ao Camiño dos Arreiros.

O Camiño dos Arrieiros, tamén denominado Camiño das Antiguas, Camiño Grande ou Camiño Vello, é unha vía de comunicación que funcionou secularmente como eixo vertebrador entre as bisbarras do Eume e Ortegal e transcurre polos concellos das Pontes, Ortigueira e Mañón.

As súas orixes remóntanse á Antigüidade, dado que ao longo dos seus case 50 quilómetros transcorre entre túmulos prehistóricos en todo o seu percorrido, e varios asentamentos da Idade do Ferro, de época romana, tardo romana e medieval.

Esta solicitude xurde do traballo de investigación promovido pola Asociación Seitura22 e levado a cabo pola empresa Cultureume, coa colaboración de diferentes asociacións do Territorio, no que se crearon diferentes bases de datos entre as que se atopan un inventario dos diferentes elementos patrimoniais que existen no Territorio e a compilación da bibliografía existente sobre o Camiño.

O estudo, rematado en Setembro de 2019, fixo posible identificar estes 15 elementos non catalogados, ademáis do Castro do Preguntoiro e está a disposición de tódalas persoas interesadas na páxina web da Asociación Seitura22, podendo identificar e xeocalizar todos os elementos patrimoniais e consultar as diferenes publicación existentes sobre o Camiño.

A solicitude realizada ante a DX de Patrimonio é una continuación necesaria dos traballos realizados, co obxecto de que a partir da catalogación poida iniciarse a neceraiaa protección de todos estes elementos patrimonias de cara a una futura posta en valor de este recurso de excepcional valor.