Skip to main content
Actualidade

A Casa do Mel de Goente acollerá unha nova edición das Xornadas Apícolas do Eume

Por 1 Outubro, 2020Sin comentarios

A Casa do Mel de Goente mantén as Xornadas Apícolas do Eume, que se celebrarán do 7 ao 10 de outubro con aforo limitado nas que serán a súa XXI edición.

As actividades comezarán o 7 (16.00 horas) cunha cata de meles (e diploma de recoñecemento aos mellores, nas categorías claro e escuro), que se repetirá o 8. A importancia do castiñeiro como especie melífera será o tema central da sesión formativa do 9, que dará comezo ás 10.30 horas. Ese mesmo día, ás 18.30 horas, se celebrará a asemblea xeral da asociación Casa do Mel.

A última xornada será a máis intensa, cunha charla de Koldo Belasko, apicultor vasco profesional, con máis de 20 anos de experiencia. Abordará a cría de raíñas para manter un fondo xenético nas explotacións apícolas. Xa pola tarde, tamén se impartirá un taller sobre un sistema de control da velutina, e entregaranse os premios da cata.

Xa non quedan prazas vacantes nas actividades desta vixésimo primeira edición das xornadas.