Skip to main content
Actualidade

Arrinca este sábado o programa cultural de outono das Pontes

Por 1 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes desenvolverá durante os meses de outubro e novembro unha programación cultural dentro do auditorio Alovi orientada ao outuno. Esta programación dará comezo este sábado co Festival de Rondallas, no que estará representado o pontés ademais do grupo de guitarras EMCO de Ortigueira. Esta sesión terá lugar ás 19.00 horas.

Continuará a programación o seguinte venres, día 9, coa representación A compañeira de piso, de Contraproducións Teatro, que se desenvolverá a partir das 21.00 horas.

O teatro terá unha nova cita o venres 16, tamén ás 21.00 horas co Teatro do Noroeste, que representará As virxes salvaxes. Tamén o 23 Produccións Teattrais Exceéntricas porá en escea Medida x medida de Sakespeare.

O día 30 de outubro será tempo de cine con Despois das ondas, de Butaca Zero, un filme feito en directoa, unha viaxe teatral pola vida de maría Casares.

O domingo 1 de novembro será tempo de música con Gallaecia All Stars, dúas horas de música misturadas con moito humor, unha viaxe aos tempos das Big Bands.

O teatro volverá facer aparición o 6 de novembro, tamén ás 21.00 horas co Da avaricia, a luxuria e a morte, unha adaptación dunha obra de Valle-Inclán a cargo de Teatro do Noroeste.

A programación rematará o 14 de novembro coa actuación de Carmen Boza que está de xira con La caja negra.

As entradas están á venda na plataforma tickentradas.com ou no teléfono 902 750754. Para o teatro a taquilla estará aberta só os días do espectáculo unha hora e media antes antes do comezo do mesmo e pechará 5 minutos antes do inicio da función. Para as de cine abrirán 30 min antes do comezo do mesmo e pecharán tamén 5 minutos antes do inicio da proxección.

Será obrigatorio o uso de máscara e desinfeccións de mans. A entrada e saída das instalacións será de forma graduada mantendo a distancia de seguridade.