Bonos consumo Vilalba

O PSOE de Riotorto denuncia que o salón de plenos non ten as condicións sanitarias correctas

O Grupo Socialista de Riotorto denunciou que o Salón de Plenos do Concello de Riotorto non reúne as condicións sanitarias para celebrar unha sesión plenaria. Así o explicaron tras recibir a convocatoria do Pleno Ordinario deste mes, e comprobar que este pleno se ía celebrar neste espazo.

“Hoxe desprazámonos ao Concello e comunicamos ao secretario que o Salón de Plenos é un espazo moi reducido para reunir aos 9 membros da corporación, e polo tanto non podemos cumprir as normas de seguridade e sanitarias que marcan os protocolos do covid-19, de gardar entre 1,5-2 metros de seguridade, entre cada concelleiro neste espazo”, advirten.

Denuncian que tal e como queda demostrado, dende o propio Concello de Riotorto, tanto o alcalde como o todo o equipo de Goberno do PP, son incapaces de coñecer a normativa de seguridade para reunións nos espazos municipais ou públicos. Por iso preguntanse “en que mans estamos?”.

Nova praza de administrativa no Concello
Por último, e tras visitar as dependencias municipais, comprobaron que hai unha nova praza de administrativa no Concello de Riotorto. Por iso anuncian que van reclamar o expediente de contratación desta nova praza realizada a través do Plan da Deputación, no que resultou titular a muller do alcalde de Riotorto.

Etiquetas