Xermade acolle o xoves unha sesión de actividades contra a violencia de xénero

A erradicación da violencia sexual será o eixe principal dunha serie de obradoiros e actividades lúdico-formativas que se desenvolverán en Xermade organizadas polo Concello en colaboración coa Xunta de Galicia e Marexada.

Esta sesión terá lugar o xoves 8, que coincide co día de feira, na praza do Concello entre as 10.30 e as 15.309 horas.

Haberá obradoiros para adultos e para nenos. Os maiores diporán de oito con título moi suxerentes como Canto d de esterotipada está a túa mente, A ruleta do amro romántico, Non me contes contos, Onde está o límite?, Eu non necesito #filtros, Estás segur@ de premer o botón de enviar?, Kahood da igualdade. Xogo tecnolóxico on line e A información está ao alcance da túa man.

Para os máis cativos os títulos falan sobre O tótem do sexismo, Verdade ou mito, Ampiemos o decálogo contra a violencia sexual e Adiviña a adviñanza… quen está detras de cada frase?.

O obxectivo destes obradoiros é concienciar a todos os participantes das diferentes situacións que levan á violencia de xénero, a recoñecela e actuar ante cada situación.

Etiquetas