Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Deputación arranxará unha estrada na parroquia vilalbesa de Oleiros

Por 5 Outubro, 2020Sin comentarios

A Deputación acometerá as obras de mellora na estrada LU- P-6510 ao seu paso pola parroquia vilalbesa de Oleiros, unha obra para que dispuxo un orzamento de 192.027,50 euros. Os traballos desenvolveranse nos primeiros catro quilómetros e medio da calzada, concretamente entre os puntos quilométricos 0 e 4,550.

A vía na que se traballará é moi utilizada polos veciños da parroquia de San Mamede de Oleiros, que transitan a diario por ela, e tamén para dar servizo a varias empresas da zona.

As obras, que se iniciarán en breve terán un prazo de execución de nove meses e inclúen a reapertura e limpeza de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización horizontal co repintado da vía mediante marcas reflexivas brancas.