Buxos verdes abre o prazo de matrícula para o novo curso

A grupo Buxos Verdes de Vilalba vén de abrir un novo prazo de matrícula para os cursos de gaita e percusión, que terán lugar entre as 20.00 e as 22.00 horas e os de baile, que se desenvolverán en horario de 21-30 a 22.30.

Nos dous casos as clases, que se prolongarán ata maio do próximo ano mentres a situación sanitaria o permita, serán os venres no Auditorio Carmen Estévez.

Para calquera dúbida sobre as clases ou o protocolo os interesados poden contactar a través do mail buxosverdesdevilalba@gmail.com ou no teléfono 653639179.

Etiquetas