Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Hoxe abre o prazo de matrícula na escola de música de Guitiriz

Por 5 Outubro, 2020Sin comentarios

A Escola de Música Municipal de Guitiriz abre hoxe o prazo de matrícula para o curso 2020-2021, prazo que se pechará o día 9 de outubro.

O proceso de matrícula realizarase no Concello.

As especialidades nas que se poden anotar os alumnos e alumnas son: vento madeira (clarinete, saxo, frauta traveseira), vento metal (trompeta, trombón, bombardino, tuba), percusión, guitarra, acordeón, piano, gaita e iniciación musical.

Para máis información ou ante calquera dúbida co pago ou o formulario pódese acudir ao Concello solicitando cita previa no 982 370 109 ou chamar á Escola de Música no 698 107 179.