As Pontes mellorará a eficiencia enerxética do pavillón polideportivo

O Concello das Pontes recibirá 634.417 euros para a mellora da eficiencia enerxética do pavillón polideportivo municipal, provintes da achega do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE) para proxectos singulares de entidades locais que favorezcan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

O proxecto permitirá a mellora  da eficiencia enerxética da envolvente térmica mediante a reforma dos seus peches a través de actuacións en fachadas, cubertas e chans así como a reforma das instalacións de iluminación interior e a producción de enerxía aerotérmica para calefacción, agua quente sanitaria (ACS) e a refrixeración do edificio.

Esta actuación suporá, en palabras da concelleira responsable da área, Maite Méndez, “a reforma casi integral do pavillón polideportivo municipal, mellorando de forma considerable a dotación dun espazo deportivo de referencia na vila. Trátase dunha actuación baseada na procura da sustentabilidade o que suporá un importante aforro enerxético para o Concello das Pontes á vez que económico e medioambiental”

Entre as actuacións previstas contémplase o revestimento da fachada existente con fachada ventilada, a sustitución da cuberta por unha nova de papel sandwich así como a renovación do pavimento da pista polideportiva por tarima flotante de maior aillamento. Con estes traballos conseguirase un aforro estimado do consumo do edificio do 18%.

Tamén se mellorará a iluminación interior coa substitución das lámpadas actuais por tecnoloxía LED, reducindo a potencia instalada, pasando de 28 a 12 kW, o que permitirá un aforro estimado do 20%.

Así mesmo procederase á sustitución da caldeira eléctrica actual por unha bomba de calor, dúas unidades de tratamento de aire, un acumulador de inercia, para almacenar o calor procedente da bomba, doce sistemas de ventiloconvectores e a obra civil asociada. Estes traballos farán posible un aforro do 36% no consumo de calefacción, auga quente sanitaria e na refixeración do edificio.

Renovación alumeado público

Esta achega súmase á subvencion de 836.553 euros concedida polo mesmo organimo, en outubro de 2019, para o proxecto de renovación do 80% do alumeado público exterior que actualmente se atopa en fase de licitación.

Este proxecto inclúe a substitución de 1.153 luminarias, provistas con lámpadas de vapor de sodio de alta presión, por luminarias con tecnoloxía LED, de maior eficiencia enerxética. Asemade, tamén se procederá á actualización de 18 cadros de mando co obxectivo de adaptalos á normativa vixente.

Estos traballos suporán, en palabras da concelleira responsable da área, Maite Méndez, “unha diminución da potencia instalada que pasará de 237,98 KW A 120,9 KW e unha significativa redución do consumo (636.661 KW/h) así como un importante aforro económico que rondará os 119.000 euros anuais”

Etiquetas