O Concello pontés acondiciona dúas rúas na contorna da Cal da Avelaíña

O Concello das Pontes iniciou esta semana as obras de construción de dúas beirarrúas  para mellorar o acceso ao parque infantil e o parque biosaudable ubicado na contorna da Cal da Avelaíña. Unha actuación cun orzamento de 13.552 euros que se executa con fondos municipais.

No caso do acceso ao parque biosaudable realizarase desde a Rúa Xeranios,  a través dunha beirarrúa co fin de garantir un itinerario accesible aos equipamentos.

Para poder executar esta obra será preciso demoler parte dos muros de pedra que delimitan a parcela da beirarrúa e do muro que rodea o parte así como realizar un baleirado do terreo  para a formación da caixa da beirarrúa.

Mellorarase igualmente o acceso ao parque infantil conectando esta nova entrada mediante un acceso que comunicará a beirarrúa existente coa porta de entrada ao parque. 

En ambos casos o pavimento realizarase en formigón continuo con acabado antiescorregante.

Etiquetas