A feira de Bretoña contará con música en directo este sábado

A feira de Bretoña intentará este sábado, día 10, recuperar o seu ritmo normal cunha aportación musical á programación.

Así, haberá actuación da Fanfarria Taquikardia polo campo da feira entre as 12.00 e as 14.00 horas.

A feira de Bretoña ten como data de celebración fixa o segundo sábado de mes e foi suspendida durante os meses que durou o confinamento abrindo de novo a mediados de xuño, como o resto dos mercados da provincia.

Etiquetas